O hospital ferrolán Arquitecto Marcide será renovado pola Xunta. Así o anunciou onte o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nunha visita que realizou ao centro no que o domingo resultou ferido un paciente da quinta planta logo do desprendemento de parte do falto teito da habitación na que estaba ingresado. Isto provocou contusións no corpo do home, conmoción e precisou puntos na cabeza e no nariz. Ante esta situación, e por prevención, 28 enfermos foron reubicados. O titular do departamento sanitario adiantou a próxima renovación dos falsos teitos de todo o bloque do edificio antigo do hospital.

