Esta mañá celebrouse un Consello da Xunta extraordinario no que o Goberno galego aprobou o teito de gasto. O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, apuntou que supera por primeira vez na historia da comunidade os 14.000 millóns de euros para o exercicio 2026, un 1,6% máis que no presente exercicio.

