Esta mañá, a Praza do Concello de Ribeira converteuse nun espazo de loita e reivindicación. Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, acompañadas por veciños e representantes sindicais, gardaron varios minutos de silencio en memoria de Teresa de Jesús González, a compañeira asasinada en O Porriño mentres exercía o seu traballo.

