16 C
Chicago
22 septiembre, 2026
Image default

A LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS MANTENSE ABERTA TRAS UNHA INTENSA FIN DE SEMANA DE REGATAS CON DESTACADAS ACTUACIÓNS DE CABO DE CRUZ, PUEBLA E RIANXO

A Liga Galega de Traiñeiras celebrou este fin de semana unha nova xornada na que os equipos galegos buscaron sumar puntos para mellorar na clasificación.
Na Liga A, Cabo de Cruz rematou décimo na XI Bandeira Illa do Samertolameu en Moaña, mantendo esa mesma posición na clasificación xeral.

Na Liga B, o Club Remo Puebla logrou un cuarto posto na XXIV Bandeira Concello de Oleiros e continúa segundo na xeral, por detrás do líder A Cabana Ferrol.

Na Liga Feminina, Cabo de Cruz conseguiu un terceiro posto o sábado en Oleiros e un cuarto o domingo no Grove, ocupando a sexta posición na xeral. O CR Rianxo repetiu o noveno posto nas dúas regatas e mantense tamén noveno na clasificación.

Con estas competicións, a Liga Galega continúa aberta e competitiva, deixando emoción para as próximas regatas.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI NON PUIDO CO JAÉN E PERDEU NO OLIVO POR 6-3

CloudyX

O CD BOIRO SUMOU ESTA FIN DE SEMANA UNHA IMPORTANTE VITORIA A DOMICILIO TRAS IMPOÑERSE AO SILVA SD NO CAMPO DA GRELA.

CloudyX

O CLUB DE REMO CABO DE CRUZ PECHOU ESTA FIN DE SEMANA A TEMPADA COA DISPUTA DA XORNADA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO Á LIGA ACT.

CloudyX