Non melloran as sensacións de Cabo da Cruz nesta Euskolabel Liga. Esta fin de semana viviuse unha dobre xornada na que os remeiros de Boiro mantiveron a liña competitiva das dúas primeiras probas. Melloraron lixeiramente as súas prestacións en Donostia polo que remataron a semana penúltimos da xeral.

