Esta mañá celebrouse un novo Consello da Xunta en San Caetano no que o Goberno autonómico tomou diferentes decisións. Unha das máis destacadas foi a concesión da Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias, dona Leonor de Borbón y Ortiz. A maior distinción que concece a comunidade.

