A cultura e a arte sempre teñen o seu espazo garantido na Pobra, que vén de sumar unha nova exposición. A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ten novos inquilinos nas súas paredes xa que acolle dende a tarde de onte a exposición da coruñesa Julia Rodríguez, mostra titulada “Xoias da natureza”.

