25.1 C
Chicago
16 septiembre, 2026
Image default

ESTABILIZADO O INCENDIO NA PARROQUIA LOUSAMIÁ DE TÁLLARA

O incendio forestal en Tállara, Lousame, está oficialmente estabilizado segundo informou a Consellería de Medio Ambiente. O lume comezou pouco despois das cinco e media da mañá nunha zona de monte da parroquia lousamiá.

Rapidamente chegaron os efectivos de extinción, cos Axentes Ambientais e os Bombeiros Forestais á cabeza, para comezar unha intervención que aínda non se deu por rematada. As lapas quedaron estabilizadas contra as tres menos vinte do mediodía.

Horas antes do anuncio oficial de estabilización, os Axentes Ambientais aseguraban que o incendio afectara a preto de 30 hectáreas, e que malia non estar estabilizado, agardaban facelo en breve.

Related posts

A MÚSICA TRADICIONAL SERÁ A PROTAGONISTA DUN NOVO CURSO DO PROGRAMA UNED SÉNIOR EN LOUSAME

CloudyX

LOUSAME APRAZA A SÚA FESTA DE FIN DE VERÁN AO LUNS POLO MAL TEMPO

CloudyX

LOUSAME PREPARA XA A DÉCIMO OITAVA HOMENAXE A PRUDENCIO ROMO

CloudyX