A igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago, acolleu un ano máis o acto de entrega das Medallas Castelao celebrado este sábado. Estes distintivos recoñecen a persoas e institucións polo seus méritos na representación de Galicia no ámbito cultural, social e económico. E este ano os condecorados foron Luar na Lubre, Víctor Fernández Freixanes, Emilio Pérez Nieto, o persoal de atención primaria e a Asociación Galega de ELA. O primeiro galardón en entregarse foi para o grupo Luar na Lubre. O seu fundador, Bieito Romero, recolleu o premio e afirmou que esta medalla Castelao ten un valor singular para eles.