Esta mañá desenvolveuse en Santiago a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia. A ela acudiron os conselleiros, Diego Calvo e María José Gómez, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mandos das forzas e corpos de seguridade e representantes do Ministerio de Interior, de Defensa e para a Transición Ecolóxica. Este órgano estará operativo dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro e coordinará as actuacións do Executivo autonómico e do Goberno central na prevención e loita contra os incendios forestais na comunidade.

