A economía azul protagoniza o acto conmemorativo da Xunta polo Día Marítimo Europeo. Dende Vigo, Alfonso Rueda destacou o traballo do Goberno galego neste campo como modelo de desenvolvemento sostible, innovador e integrador.
O acto desenvolveuse baixo o lema Onde o mar nos conecta, co que se quixo simbolizar a relación profunda de Galicia co seu entorno mariño, tanto desde o punto de vista histórico como de futuro. Preténdese tamén facer fincapé na importancia de preservar os recursos naturais e fortalecer as oportunidades para as persoas e comunidades vencelladas ao mar.

