25.1 C
Chicago
16 septiembre, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN CONVOCA A XXXIII COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL CON 24 MIL EUROS EN PREMIOS

Chega a nova edición da Copa Deputación de Fútbol. O ente provincial destina 24mil euros en premios nun torneo asentado no calendario deportivo e que reunirá aos campións das copas oficiais organizadas pola Futgal nas catro grandes zonas da provincia.

Ccontará con participación masculina e feminina, e cuxos encontros se celebrarán en formato de sede única ao longo de dúas xornadas: unha para semifinais e outra para as finais. O sorteo para o calendario definitivo da competición terá lugar o vindeiro martes, 17 de xuño, na sede da Deputación.

A distribución dos premios será a seguinte: 5.000 euros para os equipos campións masculino e feminino, 4.000 para os subcampións e 1.500 euros para cada un dos equipos que queden eliminados nas semifinais, tanto na categoría masculina como feminina.Con esta convocatoria, a Deputación da Coruña apoia ao deporte base e afeccionado, favorecendo a práctica deportiva en igualdade e a participación de clubs de todos os recunchos da provincia.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI RESCATA UN PUNTO A TRES SEGUNDOS DO FINAL PARA ARRANCAR A LIGA PUNTUANDO ANTE ELPOZO MURCIA

CloudyX

ALBA ORTIZ E XOEL CUBEIRO LEVÁRONSE O TRIUNFO DA PROBA DA FEGAN DE AUGAS ABERTAS

CloudyX

O BOIRO FIRMA UN BO INICIO DE TEMPADA

CloudyX