Facer que Galicia siga medrando e non perder oportunidades. Esas foron as máximas que hoxe Alfonso Rueda destacou dende o IV Foro Económico Español La Galicia que viene.
Durante a súa intervención deu as claves do Goberno autonómico para avanzar cara unha Galicia moderna, competitiva e sostible. Resaltou a importancia de colaborar e chegar a acordos entre administracións para dar resposta ás necesidades da cidadanía.

