Xunta de Galicia

A XUNTA LANZA UNHA NOVA CONVOCATORIA DE BONOS TURÍSTICOS PARA MOBILIZAR 2,5 MILLÓNS DE EUROS NO OUTONO

O Consello da Xunta deu o visto e prace ao proxecto de acordo a través do cal se seleccionará unha entidade colaboradora para a nova edición do programa #DescubreGaliciaenOutono de bonos turísticos.

Mobilizaranse máis de 16.000 bonos que estarán dispoñibles en formato código QR. Cada persoa poderá acceder a un máximo de dous bonos, que serán cada un dun importe de 150€, cofinanciados nun 40 por cento pola Xunta de Galicia e nun 60 por cento polas persoas solicitantes.

En total, a Xunta investirá este ano 1 millón de euros, a través dos cales se espera mobilizar ata 2,5 no sector durante o vindeiro outono.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.