Os pasados 24 e 25 de maio o estadio da Alta foi un fervedoiro e o epicentro do fútbol base. O Torneo Internacional Congalsa desta modalidade viviu unha nova edición na que participaron 39 equipos chegados de diferentes puntos da Península Ibérica e Francia. Preto de 4.000 persoas pasáronse pola Pobra nesas datas para asistir a este campionato deportivo e tamén solidario, xa que se recadaban fondos para a Fundación Aladina que apoia ás familias de nenos que teñen cancro. A actividade foi todo un éxito e esta mañá entregouse o cheque con todo o recadado para a entidade.