Esta mañá desenvolveuse no salón de plenos da casa do concello da Pobra a sesión plenaria correspondente ao mes de maio. Nela aprobáronse por asentimento as actas anteriores para dar paso á moción do grupo popular referente ás irregularidades laborais que hai no Concello. O seu voceiro, Manuel Durán, apuntou que as anomalías teñen diferentes consecuencias e responsabilidades patrimoniais e xudiciais.

