O coidado da saúde mental leva anos á orde do día. Son cada vez máis as persoas que se preocupan por manter a súa mente sana, dándolle a mesma ou incluso máis importancia que ao físico.
Por iso, as baixas por motivos de saúde mental marcan agora un máximo histórico, representando o dez por cento das faltas ao traballo.
Unha problemática que non deixa de aumentar, aínda que hai quen acusa a algúns traballadores de escudarse nela para conseguir unha baixa. Con todo, gran parte da poboación cre que son necesarias este tipo de ausencias ao traballo.

