O Teatro Cine Elma colgou o venres pola tarde o cartel de cheo. Había unha gran expectación xa que se ía proxectar por primeira vez a curtametraxe “Adeus, Berta”, de Kraken Media. A peza audiovisual está moi vencellada coa Pobra xa que se rodou no municipio e conta a historia de Alicia, unha moa que regresa á casa logo de estar nun centro de rehabilitación. O equipo que impulsou este proxecto non faltou á cita.

