Esta mañá a Concellería de Promoción Económica da Pobra presentou unha nova campaña para promover o Mercado Municipal como un motor para o emprendemento. O Concello, co apoio do Coworking da Pobra, organiza unha xornada de portas abertas para dar a coñecer esta instalación e as oportunidades de emprendemento que ofrece.

