Hoxe foi unha xornada diferente para o alumnado de 6º de primaria do CEP Salustiano Rey Eiras xa que viviron a primeira sesión do programa “Xoga ao Baile Deportivo”. Trátase dunha iniciativa que realiza o Taller Alecrín neste centro educativo pobrense en colaboración coa Concellería de Cultura local.

