A estrea do Festi Saúde en Noia rematou en todo un éxito para a organización. Centos de asistentes, non só da contorna, se non da máis alá, chegaron a Noia durante a pasada fin de semana para desfrutar da gran variedade de actividades programadas.
Toda unha sorpresa para a organización, que non agardaba tal cantidade de persoas participantes.

