Onte deu comezo unha nova edición da Seafood Expo Global, feira máis relevante do mundo no referente ao sector do mar, que se desenvolver ata mañá día 8 en Barcelona. E un ano máis Congalsa acode a esta cita internacional na que está a presentar as súas novidades e a reforzar a súa posición como un dos actores clave no mercado dos produtos do mar conxelados.

