Diferentes personalidades do mundo do deporte, do mar ou da educación déronse cita hoxe nas instalacións de Amicos en Boiro para a segunda reunión do proxecto Arousa Lab. Unha iniciativa que leva como bandeira o coidado do medio mariño e as actividades tradicionais de cara ao futuro.
Non é a primeira xuntanza do Arousa Lab, reuníndose hoxe en Boiro representantes da Xunta de Galicia e confrarías da Ría de Arousa para abordar a situación do mar galego.

