Os vertidos na Ribeiriña son unha constante dende hai varios meses. A asociación de veciños vende denunciando dende o comezo dos mesmos esta situación aínda que polo momento non hai solucións para poñerlle fin. Onte celebrouse unha nova sesión da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo onde se tratou esta problemática. A deputada nacionalista, Rosana Pérez, expuxo os argumentos do seu partido que reclama accións por parte do Goberno galego para atallar esta situación.

