Esta mañá desenvolvéronse diferentes reunións de traballo enmarcadas na modificación da Lei de saúde de Galicia. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xuntouse con representantes dos servizos de emerxencias, forzas e corpos de seguridade, colexios de médicos, enfermería e psicoloxía para presentarlles o anteproxecto. Unha iniciativa coa que o Goberno galego quere previr e mellorar a resposta fronte á violencia no ámbito sanitario.

