Cada dous anos Noia bota unha ollada ao seu pasado para coñecer as súas raíces e neste 2025 regresa a Semana da Historia da vila noiesa coa súa décimo segunda edición. Mañá sábado darán comezo os actos englobados nesta programación que este ano titúlase “As portas do mar”.

