A meirande parte dos concellos da comarca celebran unha vez ao ano a xuntanza de maiores e esta fin de semana foi a quenda de Lousame. Preto de 300 veciñas e veciños do municipio de máis de sesenta anos participaron na quinta edición desta cita xa habitual na localidade que unha vez máis se celebrou no restaurante O Trapeiro. A alcaldesa local, Teresa Villaverde, fixo de anfitrioa da xuntanza.