Os vertidos que se están a producir na Ribeiriña están a preocupar a diferentes formacións políticas do Estado. Na tarde de onte a coordinadora nacional de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, visitou os arredores da antiga fábrica de Hadasa e da actuación de rexeneración feita polo Goberno central na antiga Onza de Oro para coñecer a súa situación. A representante da formación apuntou que se trata dunha problemática que afecta á Pobra e á totalidade de ría de Arousa.