Esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuníronse na Cidade da Cultura coas entidades de atención á diversidade para afondar na futura Estratexia de inclusión educativa de Galicia. A Xunta fixa como obxectivo avanzar nun sistema educativo máis inclusivo cunhas accións que se recollerán nesta iniciativa que se está ultimando coa comunidade educativa.