Pobra Do Caramiñal

A FOTO DE MANUEL HERMO, ALCALDE DA POBRA NA GUERRA CIVIL, XA LOCE NO SALÓN DE PLENOS

O pasado mércores 16 o salón de plenos da Pobra do Caramiñal encheuse de veciños na homenaxe impulsada polo concello para saldar a débeda histórica que tiña o municipio con Manuel Hermo Vidal. Foi apresado no 1936 e fusilado cando exercía como alcalde e a súa foto era a única que faltaba no salón de plenos. Dende o mércores a súa imaxe forma parte da historia pobrense ao sumarse ao resto de rexedores que encabezaron os gobernos locais da Pobra.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.