Esta mañá o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, participaron na entrega de vehículos a Grupos de Emerxencia Supramunicipais. Nesta ocasión foron cinco autobombas rurais pesadas para a Estrada, A Pontenova, Avión, Muíños e o Barco de Valdeorras e tres furgóns de servizos varios para Lalín, O Pereiro de Aguiar e Terras de Celanova. Material que suma un orzamento superior aos 1,7 millóns de euros.