Continúa o proceso para axilizar os trámites no traspaso da xestión do litoral á Xunta. Aínda que se fará efectivo o 1 de xullo, dende o Goberno galego elaboran xa o Catálogo do patrimonio cultural do litoral de Galicia. Unha das primeiras medidas que impulsará ao abeiro da Lei de ordenación e xestión do litoral tras formalizarse o traspaso a Galicia dos servizos, medios e funcións necesarios para que a comunidade poida asumir a xestión plena e efectiva da súa costa.
Agora o Goberno central transferirá previamente e de forma progresiva medios e recursos. O traspaso implica que o Estado ceda a Galicia 36 postos de traballo, 11 vehículos e 1,2 millóns de euros para avanzar na plena autoxestión do litoral. A isto haberá que sumar documentación e expedientes desta área que non se poderán cuantificar ata que se faga efectiva a posesión da competencia.