16.2 C
Chicago
21 septiembre, 2026
Image default

ACTEMSA RECIBIU HOXE A VISITA DO CONSELLEIRO DO MAR DIEGO CALVO

O conselleiro de Presidencia Diego Calvo visitou esta mañá as instalacións de Actemsa no polígono da Tomana, na Pobra do Caramiñal. A empresa, dedicada principalmente á importación e exportación de peixe conxelado e ao proceso de túnidos e servizos de conxelación, leva activa dende o 1994 e conta con 250 empregados directos e outros 400 indirectos.

Diego Calvo percorreu a factoría co equipo directivo de Actemsa e o seu fundador e presidente honorífico, Severino Escurís, e puido comprobar os procesos e os plans futuros da compañía. Durante a visita, o conselleiro agradeceu a invitación e puxo en valor o potencial da industria galega de transformación de produtos do mar, da que forma parte esta empresa. Tamén trasladou o apoio do Goberno galego a este sector clave na economía de Galicia.

Related posts

O CONCELLO DA POBRA INVESTE MÁIS DE 35.700 EUROS EN MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE CADRECHE

CloudyX

O MUSEO VALLE-INCLÁN DA POBRA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN TEMPORAL PROTAGONIZADA POR UNHA MAQUETA DO SANTA ISABEL

CloudyX

A ASOCIACIÓN AMBAR SERÁ A ENCARGADA DE PRONUNCIAR ESTE VENRES O PREGÓN DAS FESTAS DO NAZARENO NA POBRA DO CARAMIÑAL

CloudyX