A Pobra do Caramiñal apóiase na Delegación da Coruña para o cobro dos impostos directos e as multas de tráfico. Será o ente provincial quen se encargue da súa recadación por motivos loxísticos, mantendo o Concello o imposto ao lixo.
Unha decisión que non ven motivada polo posible mal funcionamento do sistema de cobro. Asegura o concelleiro de Facenda que dado o tamaño do Concello e para non saturar o sistema de recadación, se decidiu optar polos servizos da Deputación.