O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia xa acada un gasto público (local, autonómico, estatal e europeo) nas universidades equivalente ao 1% do Produto Interior Bruto autonómico. Rodríguez destacou que este obxectivo, fixado na Lei Orgánica 2/2023 do Sistema Universitario, lógrase na comunidade galega con sete anos de antelación xa que os datos son do 2023 e a norma estatal ten un prazo ata o 2023.

