18 noviembre, 2026
Image default

GALICIA LEVARÁ UN DECÁLOGO ESTRATÉXICO NA DEFENSA DOS SEUS INTERESES ANTE A REVISIÓN DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN

Novo Consello Galego de Pesca onde a Xunta presentou ao sector o seu Decálogo Estratéxido de Galicia para defender os intereses ante a nova revisión da política pesqueira común. O encontro foi presidido polo conselleiro do Mar, quen resaltou o traballo realizado polo Goberno galego, da man do conxunto da cadea mar-industria, na elaboración e actualización da folla de ruta galega.

A potenciación da remuda xeracional, a dotación dunha definición ampla da pesca artesanal, apropiada á idiosincrasia de cada conca marítima así como a adopción dun enfoque ecosistémico da actividade pesqueira que permita mellorar a súa xestión. Tamén a preservación do patrimonio marítimo ou o fomento da economía azul que sitúe as actividades da pesca, do marisqueo e da acuicultura no centro do deseño destas políticas.

O conselleiro trasladou o sector que outro piar da folla de ruta autonómica é a demanda de dotar de protección ao mercado interior europeo que permita garantir a soberanía alimentaria do continente. Un punto que uniu a importancia de que tamén rexan os principios do level playing field para que a frota comunitaria opere en igualdade de condicións respecto a terceiros países.

Related posts

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX

A XUNTA ENTREGARÁ DE FORMA GRATUÍTA ÁS FAMILIAS UN DISPOSITIVO ANTIESQUECEMENTO DE BEBÉS NOS VEHÍCULOS

CloudyX