Hai menos de 24 horas Donald Trump anunciaba unha longa lista das novas tarifas de aranceis impostas, entre outros, aos estados da Unión Europea. España non queda atrás nesta nómina de países, estando parte da economía nacional pendente das novas procedentes do outro lado do Atlántico.
Con todo, o presidente da Xunta asegurou hoxe dende Ribadeo que a afectación destas medidas non será tan grave en Galicia como noutras comunidades españolas.