O Hotel Monumento San Francisco de Santiago foi o lugar escollido para acoller a gala de entrega do XIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal. Nesta ocasión a galardoada foi a doutora Manuela Gago Domínguez, natural de Palmeira. E tamén se entregou o VI Premio a Talentos Emerxentes á doutora Noelia Tarazona Llavero. O mecenas Ramiro Carregal foi o encargado de abrir o acto e na súa intervención felicitou ás premiadas e agradeceu o seu labor.

