Esta mañá presentouse na Cidade da Cultura o Plan Galego de investigación e innovación 2025-2027. O acto estivo presidido polo titular da Xunta, Alfonso Rueda, quen aproveitou ese escenario para anunciar o lanzamento de tres novas convocatorias de axudas destinadas a impulsar a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia.