Achégase o verán e polo tanto regresa a demanda dunha das profesións máis requiridas neste tempo: a dos socorristas. Nos últimos anos os concellos da comarca están a ter problemas para contratar ao persoal cualificado mínimo para ter este servizo nos areais por iso agora faise unha aposta pola formación. Seforgasa, empresa con sede na Pobra, lanza un novo curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais que desenvolverá entre o 5 de abril e o 25 de maio.