Ese é o obxectivo de Xunta e Oficina Económica de Galicia. Fortalecer ao tecido empresarial e o seu desenvolvemento a través da simplificación burocrática e administrativa.
A entidade cumpre un ano de actividade no que se se atenderon preto de 19 mil consultas, 865 reunións con empresas e se asesoraron 193 proxectos de especial relevancia.
A meta desta Oficina dende o seu comezou foi reducir a tramitación burocrática das empresas coa súa relación coa Administración, algo que para o presidente da Xunta supuxo un salto cualitativo, dotando ás compañías dunha canle privilexiada e rápida onde tratar as súas iniciativas.
Neste sentido, o Goberno galego emprendeu dúas liñas de acción para facilitar a redución de trámites. Por un lado, a dixitalización dos procesos para descentralizar a presentación de documentos, obter respostas e asesoramento en tempo real e gañar en eficiencia e transparencia.
O outro método, axudas directas a emprendedores, autónomos e pemes para crear un entorno máis favorable á implantación de novas industrias.