Logo duns días de incerteza en Aguiño pola dimisión en conxunto da comisión de festas, xa se respira tranquilidade sabendo que máis de 20 persoas ocupan xa o seu lugar.
Un total de 24 veciños e veciñas, coñecedores do cargo posto que non é a primeira vez que o asumen, conforman agora a nova comisión de festas de Aguiño. Unha labor que non é doada debido á esixencia dos seus paisanos.

