O Concello da Pobra e o Centro Sociocomunitario únense para impulsar unha nova edición do programa “Envellecemento Activo”. Esta proposta pensada para as persoas de máis de 60 anos conta cunha gran demanda por parte da sociedade pobrense que neste 2025 poderá desfrutar de máis actividades divididas en dúas partes.