Xunta de Galicia

O PRÓXIMO CURSO IMPLANTARANSE NOS CENTROS EDUCATIVOS A REGULACIÓN DA HORA DE LER

A Xunta está ultimando a regulación do funcionamento da hora de ler, que se implantará o próximo curso en todos os centros de Galicia e para todas as etapas educativas. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na apertura das xornadas do Plan de mellora das bibliotecas escolares de Galicia. A implantación xeneralizada e sistemática desta hora de ler no sistema escolar galego é un dos eixos de actuación do Plan de reforzo da lectura incluído no Plan MEGA de mellora educativa de Galicia impulsado pola Consellería de Educación para avanzar no ensino do futuro, cunha maior atención personalizada ao alumno, e vencellando a calidade propia do ensino coa igualdade de oportunidades.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.