Esta mañá o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuníronse co reitor da USC, Antonio López, e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez, para avanzar na optimización da formación dos estudantes de Medicina. Unha das medidas acordadas é ampliar o rango das prácticas dos estudantes que poderán desenvolvelas en centros da Coruña e Vigo.