Deportes

NOVA XORNADA NA PRIMEIRA FUTGAL CON DUROS ENFRONTAMENTOS PARA OS EQUIPOS DO BARBANZA

O liderado do grupo 5 na Primeira Futgal segue dominado polo Puebla, que esta semana buscará outros novos 3 puntos ante o Flavia. Farano en Padrón e contra un rival que chega ao partido como oitavo con 32 puntos. Afastado do descenso e da fase de ascenso, o seu rival do domingo non parece o máis esixente da liga. Os pobrenses seguen ocupando o primeiro posto con 63 puntos e buscarán manter o colchón de 12 que manteñen cos segundos.

Nesa segunda posición mantense o Unión, que o domingo se medirá a domicilio ao Soutomaior. Os de Asados chegan encadeando tres vitorias consecutivas e acumulan xa 51 puntos, lonxo da cabeza de grupo e cun marxe de cinco sobre o Arcade, primeiro equipo fóra dos postos de fase de ascenso. Os seus rivais esta fin de semana chegan en apuros, sumidos no descenso e coa necesidade de sumar de tres para evitar a relegación.

O Valiño terá un dos encontros máis complicados da fin de semana recibindo na casa ao Cordeiro. Os de Valga chegan como terceiros clasificados e son uns dos favoritos para ingresar na fase de ascenso. Os de Cabo de Cruz sitúanse como décimos clasificados con 27 puntos, cinco por enriba do descenso, e unha vitoria o domingo podería dar aire fresco aos boirenses.

Os pechacancelas deste grupo 5 serán unha semana máis os xogadores do Taragoña independentemente do seu resultado. Con 16 puntos, están cinco por debaixo dos competidores máis próximos, o Soutomaior. Xogarán ante o Caldas, outro dos equipos na loita pola salvación, o primeiro deles que marca a supervivencia.

No grupo 2, a Esteirana xogará ante un dos cocos da liga. Reciben no Xose Luis Vara ao Club do Mar, segundos clasificados con 57 puntos, mesmos que o Carral, os líderes. Con 27 puntos, os de Esteiro chegan ao encontro na media táboa con boa marxe sobre o descenso pero coa necesidade de aumentar a renda de puntos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.