Unha das iniciativas máis agardadas polos concellos da provincia é o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña xa que dota aos municipios de fondos para desenvolver obras ou proxectos impulsados polos gobernos locais. Muros participa un ano máis no POS e xa aprobaron o destino dos fondos fixados para o 2025.