O acceso á vivenda para a mocidade leva a ser un problema para as administracións dende hai anos. Pola parte da Xunta de Galicia, a conselleira de Vivenda trasladou hoxe o compromiso do seu goberno coa xuventude en mellorar esta situación.
Fíxoo sinalando tamén a redución no orzamento que o Goberno central destina a Galicia no Bono Alugueiro Mozo. Serán 11,4 millóns de euros repartidos en dúas anualidades.