O Puebla continúa intratable na súa defensa do liderado no grupo 5 da Primeira Futgal. Desta vez os castigados foros os seus veciños, o Taragoña, que suman unha nova derrota para afastar un pouco máis o soño da permanencia.
Non por ser un encontro entre o primeiro e o último foi un festival de goles. O marcador mantívose impasible ata o minuto 50, cando Cendón adiantou aos visitantes. O 0 a 1 deixa ao Taragoña como pechacancelas do grupo a catro puntos do Soutomaior e a sete da salvación, un obxectivo que se torna máis complicado a cada semana que pasa. Pola contra, o Puebla segue ocupando a primeira posición avantaxando 12 puntos aos segundos, o Unión.
Os de Asados sumaron este domingo un novo triunfo que os mantén na loita pola fase de ascenso. Foi no campo do Ribadumia nun encontro duro de roer para os visitantes, que non conseguiron anotar o 0 a 1 definitivo ata o minuto 82 cun tanto de Torrado. Con 48 puntos, manteñen a segunda posición para acceder ao play off de promoción.
Na media táboa segue o Valiño, que o domingo sumou un empate a ceros no duelo ante o Caldas. O punto mantenos como décimos clasificados nunha compacta metade de clasificación e a cunha marxe de cinco puntos sobre os postos de relegación á Segunda Galicia.
Pasando ao Grupo 2, a Esteirana volveu sumar de un grazas ao empate ante o Muxía. O Xose Luis Vara recibía aos sextos clasificados nun encontro que prometía intensidade. Non foi para menos, conseguindo os de Esteiro adiantarse