A Xunta de Galicia e a Fundación Galega Contra o Narcotráfico unen forzas na loita ante este delito. Na reunión mantida entre ambos entes, o Goberno autonómico trasladou o seu compromiso en combater esta actividade.
No encontro estivo o conselleiro de Presidencia, que tranmitiu a preocupación do Executivo galego ante o repunte de casos delictivos relacionados co narcotráfico.